lunes, 20 de agosto de 2012

“Payaso, mírate a la cara”, Rubén Perez

Criticar as touradas na Coruña comeza a adquirir tintes violentos. Os taurinos andan nerviosos e iso nótase durante a última feria taurina que tivo lugar na cidade, quizais porque medios como Praza Pública amosaron as imaxes reais do que supuña a suposta masiva asistencia da cidadanía ás touradas locais, porque membros da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas colocaron faixas reivindicativas, que foron sabotadas e roubadas de xeito sistemático, ou porque nas redes sociais xa hai un bo caldo de cultivo da oposición a esta actividade.
O “Payaso, mírate a la cara” é a proba deste nerviosismo e da categoría intelectual dos defensores da tortura animal
O “Payaso, mírate a la cara” é a proba deste nerviosismo e da categoría intelectual dos defensores da tortura animal. O autor é nada máis e nada menos que M.C.M, que polas siglas sospeitosas non soará de nada, pero se botamos unha ollada a esta nova de 2008 podemos facer unha relación clara e sinxela do que supón o adoutrinamento na cultura taurina. Curioso que sexa o neto do presidente da peña taurina de “LA” Coruña o que se dirixa a mín desa forma tan educada, cando o meu comentario anterior referíase a falta de estratexia de solicitar as entradas por 2€ no mesmo xornal que facía a entrevista, no lugar de mercalas por vinte veces o prezo de La Voz de Galicia. Pero quizais sexa o proselitismo do medio, habituado a facer novas nesgadas sobre tauromaquia, o que impulsa aos protaurinos a crer que teñen algún peso na sociedade galega.
Non debería sorprender esta agresividade, o neno foi educado e formado para defender a tauromaquia, a “Fiesta Nacional”, o sufrimento e mutilación dun animal con subsidios do Concello da Coruña, faltaría máis.
Tamén chega a preocupar, e moito, o feito de que haxa persoas nesta cidade que paseen polas rúas cun arma branca, preparada para mutilar as faixas abolicionistas e os carteis que se colaron polas paredes
Tamén chega a preocupar, e moito, o feito de que haxa persoas nesta cidade que paseen polas rúas cun arma branca, preparada para mutilar as faixas abolicionistas e os carteis que se colaron polas paredes. Preocupa pois nun momento de superposición ao Cordobés, ou El Fandi, igual cometen unha desgraza tentando darlle o estoque ás pancartas…
Fronte a violencia está a conciencia, o respecto de centos de coruñesas e de coruñeses que estaban o día 4 na praza de María Pita, berrando precisamente fronte á barbarie de maltratar a un herbívoro como parte dun espectáculo. E cada día somos máis, vai ti a saber por que. Só unha cita, do avó touradas “En la peña llegamos a ser 1.200 asociados y ahora somos 200” E logo dirán que hai colas para mercar as entradas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario