Criticar as touradas na Coruña comeza a adquirir tintes violentos. Os
taurinos andan nerviosos e iso nótase durante a última feria taurina que
tivo lugar na cidade, quizais porque medios como Praza Pública amosaron as imaxes reais
do que supuña a suposta masiva asistencia da cidadanía ás touradas
locais, porque membros da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas
colocaron faixas reivindicativas, que foron sabotadas e roubadas de
xeito sistemático, ou porque nas redes sociais xa hai un bo caldo de
cultivo da oposición a esta actividade.
O “Payaso, mírate a la cara” é a proba deste nerviosismo e da categoría intelectual dos defensores da tortura animal
O “Payaso, mírate a la cara” é a proba deste nerviosismo e da categoría
intelectual dos defensores da tortura animal. O autor é nada máis e
nada menos que M.C.M, que polas siglas sospeitosas non soará de nada,
pero se botamos unha ollada a esta nova de 2008 podemos facer unha relación clara e sinxela do que supón o adoutrinamento na cultura taurina. Curioso
que sexa o neto do presidente da peña taurina de “LA” Coruña o que se
dirixa a mín desa forma tan educada, cando o meu comentario anterior
referíase a falta de estratexia de solicitar as entradas por 2€ no mesmo
xornal que facía a entrevista, no lugar de mercalas por vinte veces o
prezo de La Voz de Galicia. Pero quizais sexa o proselitismo do
medio, habituado a facer novas nesgadas sobre tauromaquia, o que
impulsa aos protaurinos a crer que teñen algún peso na sociedade galega.
Non debería sorprender esta agresividade, o neno foi educado e
formado para defender a tauromaquia, a “Fiesta Nacional”, o sufrimento e
mutilación dun animal con subsidios do Concello da Coruña, faltaría
máis.
Tamén chega a preocupar, e moito, o feito de que haxa persoas nesta cidade que paseen polas rúas cun arma branca, preparada para mutilar as faixas abolicionistas e os carteis que se colaron polas paredes
Tamén chega a preocupar, e moito, o feito de que haxa persoas
nesta cidade que paseen polas rúas cun arma branca, preparada para
mutilar as faixas abolicionistas e os carteis que se colaron polas
paredes. Preocupa pois nun momento de superposición ao
Cordobés, ou El Fandi, igual cometen unha desgraza tentando darlle o
estoque ás pancartas…
Fronte a violencia está a conciencia, o respecto de centos de
coruñesas e de coruñeses que estaban o día 4 na praza de María Pita,
berrando precisamente fronte á barbarie de maltratar a un herbívoro como
parte dun espectáculo. E cada día somos máis, vai ti a saber
por que. Só unha cita, do avó touradas “En la peña llegamos a ser 1.200
asociados y ahora somos 200” E logo dirán que hai colas para mercar as
entradas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario