por axencia
As mocidades da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas critican
gastos en excursións para ver como se tortura a un animal. Subliñan que
cada céntimo adicado ás touradas e un céntimo que non se adica aos
servizos básicos do municipio lucense
As mocidades da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, Moz@s
pola Abolición, denunciaron hoxe unha excursión taurina a Salamanca,
organizada pola Comisión de Festas do municipio de Sarria, na que tamén
toma parte o concello lucense.
Moz@s pola Abolición non dubidou en cualificar a actividade de “parranda chabacana”, onde o Concello de Sarria inviste cartos de todos os cidadáns para organizar unha excursión a Salamanca onde supostamente se escollerán os touros que morrerán torturados o vindeiro San Xoán da localidade. Só o 0,71% dos habitantes do municipio, un centenar de persoas, participa na excursión, proba do nulo interese polas touradas na vila.
O colectivo que agrupa á mocidade contraria ás touradas denuncia que cada céntimo adicado á viaxe, ás touradas e a pagar ao empresario organizador non será empregado no sostemento de Servizos básicos, deixando que cada vez máis familias en risco de exclusión social carezan das mínimas garantías e apoios municipais para sobrevivir.
Ironizan ademáis sobre a necesidade de trasladar a imaxe dun municipio retrógrado, que organiza viaxes populistas para promover unha industria, a taurina, que só pervive grazas aos apoios públicos en forma de subsidio e que se basea no maltrato dun ser vivo como forma de divertimento.
Semella que o consistorio sarriano “non aprende a lección” cidadá, pois a tourada do pasado ano provocou miles de euros de perdas e foron incapaces de encher unha praza portátil con capacidade para 2.500 persoas, a pesares da grande afición que se esforzan en explicar os edís do Partido Popular e a propia asociación xuvenil coorganizadora dos festexos. No outro lado da balanza, actividades menos custosas para o erario municipal e con maior asistencia cidadá.
http://www.kaosenlared.net/secciones/s/derechos-de-los-animales/item/49374-pa%C3%ADs-de-pandereta-e-farla-concello-de-sarria-organiza-viaxe-para-mercar-touros-das-corridas.html

No hay comentarios:
Publicar un comentario