viernes, 17 de mayo de 2013

O PP obrigará a cada veciño de Muíños a pagar 28€ para subsidiar unha tourada

por axencia
Cartaz das festas en Muíños  
  Cartaz das festas en Muíños 
O Concello de Muíños ignora á veciñanza que protesta pola supresión dunha praza de médico pero subsidiará un espectáculo taurino o vindeiro mes de Agosto. O organizador é o mesmo empresario que “perdeu” 8000€ nas touradas de Sarria.
A amplitude de miras do Partido Popular tamén terá a súa versión local no municipio de Muíños. Esta pequena vila de pouco máis de 1700 habitantes subsidiará un festexo taurino con forcados, toureiros e rexoneo instalando unha praza portátil que case duplica a poboación do municipio. A idea do equipo de goberno non está exenta de polémica, pois o pasado mes de Febreiro saía nos medios convencionais (http://www.ir.gl/ec106d) a recolla de sinaturas dun grupo de veciños da vila que protestaban pola supresión dunha das dúas prazas médicas do Centro de Saúde. O propio municipio carece de oficina de Correos, aspecto que non parece importar ao Concello.
Sen embargo a financiación de touradas durante os últimos anos, de “stripteases” nas festas da vila e mesmo de espectáculos que atentaban contra a dignidade (http://www.ir.gl/15cc28) como as “danzas dos enanos” se están a convertir na tónica xeral da programación festiva en Muíños.
Dende Galicia, Mellor Sen Touradas subliñan que o empresario encargado da organización das touradas en 2013 é o mesmo que xa perdeu miles de euros nos últimos festexos de Sarria, unhas perdas asumidas polo propio consistorio, tamén gobernado polo PP. Só en 2012 nun día reflectíronse máis de 8000€ de saldo negativo.
Os abolicionistas cuestionan as prioridades do PP, que prefire adicar cartos á promoción da tortura e do maltrato animal no canto de financiar servizos básicos. Un festexo taurino en Muíños pode chegar a custar 50.000€, o que supón un custo por veciño de 28€.

No hay comentarios:

Publicar un comentario