miércoles, 20 de marzo de 2013

País de Pandereta e Farla: Concello de Sarria organiza viaxe para mercar touros das corridas

por axencia


Presentación das touradas en Sarria Presentación das touradas en Sarria EPL
As mocidades da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas critican gastos en excursións para ver como se tortura a un animal. Subliñan que cada céntimo adicado ás touradas e un céntimo que non se adica aos servizos básicos do municipio lucense
As mocidades da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, Moz@s pola Abolición, denunciaron hoxe unha excursión taurina a Salamanca, organizada pola Comisión de Festas do municipio de Sarria, na que tamén toma parte o concello lucense.
Moz@s pola Abolición non dubidou en cualificar a actividade de “parranda chabacana”, onde o Concello de Sarria inviste cartos de todos os cidadáns para organizar unha excursión a Salamanca onde supostamente se escollerán os touros que morrerán torturados o vindeiro San Xoán da localidade. Só o 0,71% dos habitantes do municipio, un centenar de persoas, participa na excursión, proba do nulo interese polas touradas na vila.
O colectivo que agrupa á mocidade contraria ás touradas denuncia que cada céntimo adicado á viaxe, ás touradas e a pagar ao empresario organizador non será empregado no sostemento de Servizos básicos, deixando que cada vez máis familias en risco de exclusión social carezan das mínimas garantías e apoios municipais para sobrevivir.
Ironizan ademáis sobre a necesidade de trasladar a imaxe dun municipio retrógrado, que organiza viaxes populistas para promover unha industria, a taurina, que só pervive grazas aos apoios públicos en forma de subsidio e que se basea no maltrato dun ser vivo como forma de divertimento.
Semella que o consistorio sarriano “non aprende a lección” cidadá, pois a tourada do pasado ano provocou miles de euros de perdas e foron incapaces de encher unha praza portátil con capacidade para 2.500 persoas, a pesares da grande afición que se esforzan en explicar os edís do Partido Popular e a propia asociación xuvenil coorganizadora dos festexos. No outro lado da balanza, actividades menos custosas para o erario municipal e con maior asistencia cidadá.

 http://www.kaosenlared.net/secciones/s/derechos-de-los-animales/item/49374-pa%C3%ADs-de-pandereta-e-farla-concello-de-sarria-organiza-viaxe-para-mercar-touros-das-corridas.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario