viernes, 22 de febrero de 2013

A última tourada en Sarria custou 14€ a cada familia da vila

por Axencia

Cartaz de 2012 Cartaz de 2012 CC
O festexo taurino xerou unha perda de 8000€ sobre un gasto final de 58000 euros. A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas reta ao Concello a facer públicos os gastos da tourada deste vindeiro verán.
A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas critica a intención do Concello de Sarria de organizar este ano unha nova tourada despois do fiasco económico de 2012, onde existen ao redor de 8000€ de perdas monetarias recoñecidas sen contar con que a actividade custou perto de 50.000 euros.
En total o consistorio, en mans do Partido Popular dende as últimas elecciónes municipais, gastou 58.000€. Segundo estimacións dos abolicionistas, unha cantidade que supón nada menos que unha media de 14 euros por familia residente. Se se teñen en conta os últimos datos do INE, Sarria ten unha poboación de 13.524 habitantes. Isto significa que a cidadanía, asistira ou non á corrida de touros, tivo que pagar pola realización dun espectáculo de tortura e violencia cara os animais, mentras contempla como o Concello de Sarria recurta servizos de carácter básico e asistencial.
As cifras non enganan e a falta de interese polo festexo taurino resulta evidente, á vista das perdas e do grande debate social xerado. A suposta afición taurina de Sarria supón unha minoría que sen embargo conta co beneplácito e apoio da administración local, que surte de diñeiro público.
Xa o pasado ano a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas acadou o compromiso dunha coñecida cervexeira de non patrocinar nen participar nestes festexos crueis, despois de que a súa imaxe corporativa aparecera no cartaz que anunciaba a corrida de touros. Tamén protestou a alianza abolicionista pola viaxe do concelleiro Sangil, máis preocupado en escoller aos animales que serían torturados que polas necesidades dos veciños e veciñas do municipio.
Neste senso o voceiro da plataforma, Rubén Pérez, retou ao edil que viaxou a Salamanca o pasado ano a facer públicos os datos económicos do festexo taurino, para demostrar a suposta afición á tauromaquia na vila.

No hay comentarios:

Publicar un comentario