viernes, 14 de octubre de 2011

Da cuestión das touradas, de Rubén Perez

Non se sostén baixo ningún prisma que todavía haxa empresariado nun país desenvolvido que negocie co martirio ocioso dos seres vivos, con presenza de menores nas prazas e recibindo diñeiro das arcas públicas.

Por Rubén Pérez | A Coruña

Comezo o meu periplo por este medio dixital cun tema de continua polémica, máis non sei moi ben cal é o debate que pode pervivir na autodenominada “festa nacional”, pois resulta difícil comprender que a tortura e morte dun ser vivo como parte dun espectáculo de ocio poida ser mal vista no século XXI.
A tauromaquia é violencia, a tauromaquia é cultura e a tauromaquia é tradición; estes poderían ser algúns dos puntos básicos que reflicten a todavía permanencia das touradas no territorio galego, a pesares de que os mesmos argumentos caen polo seu propio peso.

No mesmo contexto onde os concellos andan a recurtar en todolos eidos, dende os Servizos Sociais ata o alumeado público, algúns consistorios manteñen as subvencións para os festexos taurinos, a pesares de que, como no coñecido caso da Coruña, as axudas só sirvan para paliar as perdas que obtén a empresa organizadora dos festexos, como denunciou a plataforma da que formo parte dende hai xa algún anos.

Tampouco poderíamos acusar, como fai de xeito interesado, a industria taurina, de radicalismo aos galegos, cando o 86% da poboación (Gallup, 2006) rexeita a celebración destes curiosos espectáculos. Non semella que sexan só os sectores nacionalistas os contrarios ás touradas, senón que unha parte maioritaria da sociedade galega aborrece esta actividade. Pero interesa vincular no debate ao espazo político, porque algunhas forzas tentan sacar réditos, como tentou o Partido Popular co recurso ao Tribunal Constitucional do veto ás touradas en Cataluña, ou coa iniciativa que pretendía implantar unha moratoria á mesma reforma lexislativa ata o ano 2015, e mesmo falando de indemnizacións estratosféricas, tentando alentar o pánico social ante a crise, cando as compensacións serán moito menores (recomendo aos predicadores botar unha ollada ao Código Civil catalán).

Falo das touradas porque hai anos non se falaba do tema fora da época estival, fora dos escasos festexos que teñen lugar en Galicia no verán (cada vez menos). Pero trala Iniciativa Lexislativa Popular de Cataluña e a súa ratificación no Parlament os movementos abolicionistas tomaron non creo que forza, pero si visibilidade, e a nos aterra é un bo exemplo disto, chegando a falar dunha feira taurina en campaña electoral durante as municipais, ou tendo a sorte de ler as declaracións de alcaldes “lo hago porque me da la gana”, que denotan gran senso de deber democrático para ofrecer pan e circo a prezos populares.
A oposición á crueldade cos animais é transversal. Non se sostén baixo ningún prisma que todavía haxa empresariado nun país desenvolvido que negocie co martirio ocioso dos seres vivos, con presenza de menores nas prazas e recibindo diñeiro das arcas públicas.

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/8651.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario