domingo, 17 de enero de 2010

Guerra pola caza de baleas na Antártida

Logo de que un buque nipón partise en dous unha lancha ecoloxista, as discusións sobre a caza dos cetáceos volve cobrar relevancia no debate político internacional.
Redacción - 12:30 09/01/2010



Australia acaba de unirse a Nova Zelandia para investigar a colisión en alta mar que protagonizaban o día de reis unha embarcación de activistas contra a caza de baleas e un buque xaponés adicado a esta actividade. É o último dos movementos políticos internacionais logo do afundimento da lancha da ONG australiana Sea Shepherd, un feito que xa traslada ao eido diplomático o debate sobre a caza de baleas na Antártida.

Os activistas acusan ao barco nipón de actuar deliberadamente mentres que Tokio cualifica aos tripulantes da lancha de "eco-terroristas". O goberno nipón asegura que lamenta o ocorrido, mais o viceministro de agricultura e pesca, Akira Gunji, explica que "as nosas misións son legais e a repetida obstrución que efectúa Sea Shepeherd é unha actividade perigosa, que pon en risco non só o material, senón tamén vidas".

Mentres xa se desatou unha guerra mediática, os ecoloxistas aproveitan a ocasión para defender a súa causa: "opoñémonos fortemente á pesca de baleas e á violencia no mar".

http://www.youtube.com/watch?v=_Y6A-XjARrc

http://www.vieiros.com/nova/77810/guerra-pola-caza-de-baleas-na-antartida

No hay comentarios:

Publicar un comentario